Vos acordades de que Crispín nos mandou un correo electrónico contándonos que estaba en Africa?...Pois por fin voltou de alí e veunos facer unha visita ás escolas.
Como sempre trouxo a súa caixa de sorpresas e dentro había un libro moi chulo: " O carameliño sen cor e sen sabor"
Tamén nos encargou un traballo....¡Facer larpeiradas de plastilina! Así que nos esmeramos moito e aquí tedes o resultado. A que dan ganas de comelas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario