jueves, 14 de abril de 2011

CONSTRUÍMOS UN VOLCÁN¡¡¡

Pois sí, aínda que non o creades fomos capaces de provocar unha erupción dun volcan...e sen saír da nosa aula....Como? Cun experimento moi sinxelo.

Primeiro, construímos un volcán. Para iso utilizamos unha botella de auga de 33 centilitros que fixo de cheminea do volcán, un lote de plastilina e pintura marrón.










Logo mesturamos nun vaso bicarbonato sódico, con xabón líquido para facer a lava e o introducimos dentro do volcán.











E por último, ao engadir vinagre, que é un ácido, reaccionou coa base do bicarbonato e...BUM¡¡ a lava empezou a saír....

No hay comentarios: