martes, 1 de febrero de 2011

DIA DA PAZ















Como xa sabedes o pasado 28 de Xaneiro, os nenos de Barizo e Mens nos reunimos para celebrar o día da Paz. Entre outras cousas elaboramos un mural coas nosas mans, e limos o conto do home de papel...Mirade qué chulo quedou!










lunes, 24 de enero de 2011

CRISPÍN MANDOUNOS UN CORREO DENDE...ÁFRICA

A semana pasada os nenos de Mens e Barizo recibimos un correo de alguén que botábamos moito de menos...Crispín. Fíxonos moita ilusión porque ademáis nos mandou fotos da súa viaxe...

Esta é o correo que nos escribiu:

Ola amigos, qué tal estades?

Xa sabedes quen son, non si? Claro que sí, son o voso amigo Crispín, o trasno máis saltarín de todos os trasnos .

Xa sei que fai moito tempo que non vos escribo pero é que estiven moi ocupado. Como sabedes gústame moito viaxar polo mundo, así que o ano pasado, cando remataron as clases, collín a miña mochila, metinme dentro da miña caixa máxica e cheguei ata.............ÁFRICA.

Sabedes donde está África? Está bastante lonxe, máis lonxe que Carballo, máis lonxe que Coruña e máis lonxe incluso que, que...Madrid...

É un sitio moi bonito, e viaxando por él atopei un montón de animales moi raros que non hai en Malpica. Mándovos unhas fotos para que os vexades.

Bueno, nenos aínda que o estou pasando moi ben, teño moitas ganas de veros, así que dentro de nada igual aparezo pola escola de Barizo e a escola de Mens..

Vémonos pronto.

Un bico de trasno.

miércoles, 12 de enero de 2011

A FESTA DE NADAL

O 22 de decembro reunímonos todos os nenos do CRA na escola de Mens, onde ademáis de visitarnos o carteiro Real co seu paxe...











Estivemos vendo unha obra de teatro.............

Cantamos panxoliñas....

E repartimos os premios aos gañadores do concurso de postais

domingo, 19 de diciembre de 2010

BO NADAL

Aquí temos as postais gañadoras do Concurso de postais navideñas do CRA deste ano: a de Nuria da Escola de Barizo (5 anos) e a de Hugo da Escola de Mens (7 anos).
Aproveitamos para desexarvos a todos Felices Festas e que pasedes un Bo Nadal.

martes, 30 de noviembre de 2010

ESTE TRIMESTRE FOMOS...


AOS BOMBEIROS




AO FORNO DO FORTE


MAGOSTO E SAMAÍN






O 5 de novembro celebramos todos xuntos na escola de Mens, o Magosto e mailo Samaín. Ademáis de comer castañas e adornar as cabezas, fixemos obradoiros de maquillaxe e de plástica, xogos..

martes, 16 de noviembre de 2010

FUMOS DE ROMARÍA

O pasado 12 de Novembro fomos invitados a Cabana de Bergantiños para a celebración da Romaría de San Fiz. Esta nova foi publicada na Voz de Galicia, edición de Bergantiños:

Crónica: O San Fiz de Castro volveu a Cesullas en pleno outono.
Autor: Patricia Blanco
Localidad: carballo/la voz.
Fecha de publicación: 13/11/2010

Os máis pequenos recrearon baixo os bidueiros tódalas celebracións asociadas ao 1 de Agosto.

Ao Santo da Pólvora que se queimou onte non lle afectou o frío dun 12 de novembro nin tampouco a leve chuvia que limitou que a asistencia aínda fose maior. Estoupou cun estrondo, mais os rapaces xa ían preparados para oílo. Non era agosto senón outono, pero aos máis pequenos non hai quen lles gañe en ilusión, así que gozaron da cita a máis non poder. Tino e Fina, castañeiros, mudaron o cheiro a viño da festa de agosto polo das castañas acabadas de asar.

Rapaces, técnicos do Concello e profesores decidíronse a recrear en plena época de follas caídas e terreo mollado as tradicións da romaría que tanta sona lle dá ao verán de Cesullas e Cabana. E fixérono con ganas. Había que ver que ben berraban, que ben se anicaban e que ben se levantaban (incluído os adultos e os non tan nenos) co Berro Seco do cura Francisco Domínguez, todo un mestre de cerimonias cos máis adultos o 1 de agosto e todo un mestre (dos de verdade), onte, cos nenos.

Estaban os do CRA Os Remuíños (Cabana), os pequenos do colexio As Revoltas e tamén algúns do CRA Pedra da Arca de Malpica. Vestidos tal cal homes e mulleres de hai algúns anos (boinas eles e longas saias e mandís elas) creaban un contexto máis que de tradición. Mesmo o Ano Santo se deixou sentir, porque un dos pequenos chegou con bordón de peregrino e cuncha de vieira incluída. José Manuel Parga tocou á campá ás doce da mañá, coma se da misa se tratase, e volveuna tocar para a queima do Santo. As Fiandeiras da asociación O Fol de Neaño cantaron o Himno de San Fins antes do Berro Seco: Meu santo San Fins do Castro/que lles das aos teus romeiros/auga da túa fontiña/á sombra dos teus bidueiros... Así entoaban elas e os rapaces, máis que entretidos, seguían o ritmo. A romaría ao aire libre non se prolongou moito (debido ao frío para os pequenos), pero a celebración continuou no interior da capela, onde o grupo Mamá Cabra esperaba para ofrecer un concerto en toda regra.

Haberá que ver agora se, esta de outono, tamén se consolida como romaría de tradición para o San Fins.

.