miércoles, 23 de marzo de 2011

martes, 22 de marzo de 2011

PLANTAMOS NAS HORTAS

























Como xa tiñamos a terra preparadiña..estes días estivemos a plantar nas hortas das escolas de Barizo e de Mens. Plantamos leitugas, xudías, fresas, cebolas...e moitas cousas máis. ¡Moitas grazas as mamás por axudarnos!























































DIA DO PAI











Como xa sabedes, o pasado 19 de Xaneiro celebrouse o Día do Pai. Así que nas nosas escolas estivemos facendo un regaliño para todos os papás. Aproveitando cartóns que tiñamos nas aulas, reciclámolos con plasti e fixemos uns bonitos marcos para as nosas fotos...Esperamos que vos gustasen¡¡¡












miércoles, 9 de marzo de 2011

O Entroido





Mirade que ben o pasamos vestidos de piratas na festa do Entroido! Guerreamos coas nosas espadas, saímos polos arredores na busca do inimigo e ata atopamos un tesouro.

Somos labregos







Xa comezamos a preparar a terra das nosas hortas, dentro de pouquiño comezaremos a sementar ricas verduras e hortalizas...

Fumos de visita a......

Como sabedes, o 2 de marzo fumos ver unha exposición á Fundación Barrié. Alí vimos unha morea de maquetas feitas por un arquitecto famoso, e despois diso, puidemos construir unha cidade tal e como nos gustaría a nós que fose..





Ademáis, en Xaneiro e Febreiro fumos de visita ao Planetario, na casa das Ciencias, onde vimos un montón de estrelas e tamén a Domus, a Casa do Home onde, ademáis da visita ao museo vimos unha peli en 3D, mira que tentamos atrapar as imaxes que saían da pantalla, pero...non había maneira...


martes, 1 de febrero de 2011

DIA DA PAZ















Como xa sabedes o pasado 28 de Xaneiro, os nenos de Barizo e Mens nos reunimos para celebrar o día da Paz. Entre outras cousas elaboramos un mural coas nosas mans, e limos o conto do home de papel...Mirade qué chulo quedou!